Na Primeira Escola de verán STEM os docentes de infantil e primaria adquirirán coñecementos e habilidades nos campos de: robótica educativa, apliacións para móbiles, realidade aumentada e virtual, manexo de drones e impresión 3D. Todas elas uniranse para facer un proxecto final STEAM que consistirá na creación dunha lámpara intelixente controlada pola luz.